A Asociación

Transparencia

O fondo e a forma

Arte e pedagoxía en código aberto

A Asociación Proxecto Máscaras parte da firme creencia na potencia de contar esas realidades que xa existen, pero que necesitan ser narradas. Porque educar é deixar espazo para facer, para coñecer… e para pensar. Porque para poder facer cousas novas, hai que ver cousas novas.

As fendas do sistema

O motor do aprendizaxe é a curiosidade, o reto ou a necesidade.

As excepcións mostran que “é posible”. E contruir sobre o posible é o o único camiño cara á diversidade. O que achega o cinema é o potencial de comunicación para compartir a experiencia.

Onde radica a gradeza dun proxecto?

Fanse grandes esforzos e investimentos para falar de: Normalidade? Integración? Sen embargo, a clave está na DIVERSIDADE! Pero canto máis falamos de solidariedade máis afogamos entre “marketing de causas” e o que adoita ocorrer é que as “causas” berran e culpabilizan polo que… a sociedade escapa

O que fai grande un proxecto é a súa capacidade para poder chegar a moita xente, iso é o que permite a maxia do cinema, e que contribúa a xerar pequenos cambios que apunten a novos camiños. Porque o auténtico resorte da ilusión radica na posibilidade e, para iso, débense de cumprir tres factores:

  1. Potencial: Universalidade do problema

  2. Utilidade: Potencial de comunicación á sociedade

  3. Intemporalidade: Que non se trate dun “problema temporal”, é dicir, que non teña data de caducidade

Máscaras - Foto 3

 Porque, a pesar das “boas intencións”, as persoas nos relacionamos co mundo en base ás expectativas construídas sobre o que temos interiorizado.  Por iso, cando se producen cambios inesperados ou situacións que non sabemos como afrontar, nos refuxiamos nos pre-xuicios o rexeitamos ou atacamos o que supón unha intromisión na “nosa normalidade”.

Es sencillo... Coger un punto de partida, potenciar los elementos y...