A Asociación

Visión e Misión

O que nos define

Valores desde a experiencia

Partindo de que a Visión ten que definir o modelo de organización que se persigue, e que a Misión é a razón de ser dunha organización, a Asociación Proxecto Máscaras toma como punto de partida os valores desenvoltos no contexto do Proxecto Máscaras, que deu lugar á película Máscaras, e do que toma o nome a Asociación.

É dicir, non se trata de definicións ou desexos utópicos  senón dos valores aprendidos desde a experiencia de Máscaras:

  • A dimensión social das persoas como metodoloxía de aprendizaxe.
  • A diferencia como principal valor para a riqueza da comunidade e dea sociedade.
  • A diversidade como proceso para coñecer, aceptar e asumir as diferencias.
  • A participación no espazo público como dereito, porque o que non se ve, non existe.
  • As excepcións e as boas prácticas como base para o aprendizaxe.
  • Os exemplos reais como punto de partida para a investigación social.
  • A potencia do audiovisual  e o ocio como ferramenta para contar historias, emocionar, dar voz, documentar, relatar e educar.

Visión

A audiovisualización do mundo é unha realidade imparable pero sen a necesaria educación estamos, cada vez máis no reino das sensacións por encima das “historias”. Desde a Asociación Proxecto Máscaras creemos que entre todos debemos contribuír a que exista un futuro diferente coa construción do relato do que é posible.

A Asociación Proxecto Máscaras parte da firme crenza na potencia de contar esas realidades que xa existen, pero que necesitan ser narradas. Porque educar é deixar espazo para coñecer… e para pensar. Porque para poder facer cousas novas, hai que ver cousas novas.

Misión

A tecnoloxía é xa parte esencial das nosas vidas, con todo é necesario aprender a conciliar as súas inmensas posibilidades redefinindo os espazos e os procesos para a participación.

Por iso, e animada polos logros desenvoltos desde a experiencia da película Máscaras, a Asociación  Proxecto Máscaras reflicte nos seus estatutos claramente a súa MISIÓN:

o desenvolvemento e impulso de proxectos que, tomando como base a potencia do audiovisual, fomenten a educación e a participación como medida para a innovación social, a la ruptura de estereotipos sobre a normalidade e as capacidades das persoas, e a integración da diversidade no espazo público.

Fins e obxectivos

Para cumprir co seu obxectivo xeneral de impulsar contextos e contar esas novas realidades que xa existen, ou poden existir, a APM enfócase, entre outras, nas seguintes liñas:

  • Impulsar e potenciar campañas de difusión da experiencia e valores aprendidos coa película Máscaras, tanto a metodoloxía como súas claves de desenvolvemento: Wiki de diáctica e pedagoxía social
  • Desenvolver accións de asistencia e formación que potencien a visibilidade social das persoas e entidades que traballan no ámbito da integración, especialmente dos colectivos desfavorecidos.
  • Deseñar e impulsar novos proxectos audiovisuais, propios ou en colaboración con outras organizacións.
  • Elaborar contidos pedagóxicos e talleres para a “integración pola naturalidade”: Wiki do proxecto “Un día de Cine”
  • Establecer diálogo con fundacións e outras entidades sen ánimo de lucro que teñan entre os seus obxectivos a integración, a diversidade e a participación cidadá.
  • Impulsar e colaborar en iniciativas que fomente novos modelos de participación social e canles de financiamento para súa viabilidade, entre eles as microdonacións ou Mecenado.
  • Favorecer o desenvolvemento audiovisual e a innovación nos procesos de integración e acción voluntaria.