V edición dos Premios ás Boas Prácticas Cidadás

APM 20 Setembro 2021

Os Premios ás Boas Prácticas Cidadás que promove a Asociación Proxecto Máscaras chegan á súa quinta edición, xa consolidados, promovendo unha rede de recoñecemento público entre a propia cidadanía que trae a primeira liña comportamentos e actitudes que se basean en principios de ética e compromiso co desenvolvemento no ámbito educativo, cultural, social e mesmo económico.

E, unha vez máis, as persoas premiadas da edición anterior convértense en “premiantes” da nova, de tal modo que este xoves  veremos ás condecoradas en 2020, entregando o premio a quen designaron para esta ocasión.

O acto de entrega terá lugar o xoves 23 de setembro, ás 18.00 horas, no salón de actos da ONCE, coas restricións de aforamento que impón o cumprimento das medidas de seguridade, pero será gravada para a súa difusión.

Por ser a quinta edición, este ano estenderase a homenaxe ás 30 persoas cuxas traxectorias foron merecedoras de recoñecemento nestes anos coa estrea do audiovisual “Esperar… avanzando”.

Cabe lembrar que Proxecto Máscaras apóiase no audiovisual e a cultura como ferramenta de sensibilización, integración e normalización para o enriquecemento social.

Nesta quinta edición, os premios serán para:

Fray Natalio Saúdes, polo seu activismo social e educativo para facer futuro, premiado por Susana Castillo Molina.

Lorena Nion Lois, polo seu activismo social e educativo no centro de menores Agarimo, premiada por Claudia Rodríguez García.

Carlota Pérez Fernández, polo seu activismo cultural e social no marco da asociación Diversos, premiada por Rober Pier.

Xosé Manuel Barros, polo seu activismo para recuperar un “Mar de fábula”, premiado por Francisco X. Fernández Naval.

Marina Ocampo Martínez, polo seu activismo social e educativo en todos os ámbitos da súa vida, premiada por Luís García Sobrado.

Leticia Santaballa Santos, pola súa xenerosidade e activismo polos dereitos humanos, premiada por Lorena Marrozos.

Comparte!

Deixa a tua réplica

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar etiquetas e atributos HTML

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>