V Premios Boas Prácticas Cidadás, 1ª parte
29 Outubro 2021
O pasado día 23 de setembro quedaron entregados os V Premios ás Boas Prácticas Cidadás que concede anualmente a APM, e desta volta iremos publicándoos para poder salientar o máis importante de todo: as propias voces das persoas que os reciben.
Chisco Fernández Naval quixo recoñecer a labor de Xosé Manuel Barros ao fronte da asociación Mar de Fábula e o seu activismo para a salvagarda dos océanos. No seu nome estivo Pedro López, Presidente da entidade:
Por outro lado, Claudia Rodríguez quixo pasarlle o testemuño a Lorena Nion, e entre as dúas proporcionaron un espectacular reflexo dun traballo con menores que poucas veces, e en xeral mal, se trata publicamente.