FAI

O pasado día 18 fomos convidados a participar na primeira edición do FAI, Foro de Artes Inclusivas, celebrado en Ferrol, no imponente centro cultural Torrente Ballester, co apoio do Concello de Ferrol, a Deputación da Coruña, e organizado pola boa man de Culturactiva, que destas cousas saben o seu 🙂
Aínda que nos tería gustado poder participar nos dous días, finalmente so tivemos a posibilidade de achegarnos para a mesa do venres, na que, por outra banda, xurdiu un animado coloquio coas persoas participantes na mesa, que quedaba composta así:
-
- Victor Duplá – actor, director e formador teatral
- Víctor Fuggeto – Proxectos de Música e diversidade no Centro San Xarome
- Felipe Caxoto e Gema Santos – Narración con LSE
- Iago González – Proxecto Máscaras
- José Manuel González León – Poten100mons e Plataforma Diversidade
- Jimena Maguna – Chungo Pastel
Se algo tivemos claro no desenvolvemento do acto, foi que no día previo o nivel das xornadas quedara moi alto, e foi gratificante asistir a un enfoque no que todas as participantes fomos quen de discutir e obxectar con respecto ao que debe e non debe ser o acto de crear, do perigo de idealizar cando logo tes que preocuparte de realizar, e en xeral de ter os pes na terra para poder adaptarte ás capacidades que teñen que ver nos procesos, diversas dende todos os puntos de vista.


Últimas entradas de APM (ver todas)
- La ciudadanía sí sabe, y elige a quien premiar #BoasPrácticasCidadas2023 - 18 Setembro, 2023
- Arte, capacidad y talento: Bess Atwell - 21 Agosto, 2023
- Actor de su vida, y de su película: Rafa Calderón - 25 Xullo, 2023
- #Cultura e ecosistemas de aprendizaxe - 5 Abril, 2023
- “Follar” también es un derecho, la punta de iceberg - 13 Febreiro, 2023
- Para ir dando ánimos a 2023 - 31 Decembro, 2022
- Baixo o mesmo paraugas - 9 Decembro, 2022
- Convenio coa Fundación Emalcsa: O rodaxe de “estartap” - 18 Novembro, 2022
- Contra el diagnóstico - 6 Novembro, 2022
- Boas Prácticas 2022: a entrega - 12 Outubro, 2022