fbpx
TituloVIBoasPracticas

A CIDADANÍA ELIXE A SEIS PERSOAS POLO SEU LABOR NO ACTIVISMO SOCIAL, CULTURAL E INVESTIGADOR

  • Nas nominacións destacan a implicación coa infancia e xuventude, no ámbito cultural e social, na investigación e ecoloxismo e nos programas BoanoiTe e BoaTarde
  • Os premios ás Boas Prácticas Cidadás son outorgados polas persoas premiadas no ano anterior
  • Con esta VI Edición son xa 36 as persoas premiadas pola súa labor de implicación e acción solidaria
  • O acto de entrega será o xoves 22 de setembro ás 18:00 no salón de actos da ONCE. A entrada e libre ata completar aforo, pero con sentidiño

Nesta sexta edición, os premios serán para:

    • Sara Alvar Pariente, polo seu activismo social e implicación no programa BoanoiTe, do que é presidena, premiada por Fray Natalio Saludes.
    • Mónica Fernández Lemos, polo seu activismo social e educativo no coa infancia e a xuventude, premiada por Lorena Nion Lois.
    • Manuel Olveira Pazpolo seu activismo cultural e social desde a súa labor institucional, premiado por Carlota Pérez Fernández.
    • Rafael Lema Mouzo, pola súa intensa labor como escritor, investigador e ecoloxista, premiado por Xosé Manuel Barros, desde a Asociación Mar de Fábula.
    • Lorena Boga García, pola súa implicación e activismo polos dereitos humanos, premiada por Leticia Santaballa Santos.

O acto será o Xoves 22 de Setembro, a partir das 17:45 no salón de actos da ONCE.

A entrada é libre, pero para asegurar aforo podes inscribirte no seguinte formulario: