Boas Prácticas 2022: a entrega

APM 12 Outubro 2022

O pasado 22 de setembro entregáronse os VI Premios ás Boas Prácticas Cidadás. Foi, un ano máis, un acto emotivo, en palabras da condutora, a xornalista Noela Bao: “pioneiro, referente mundial, momento único, senlleiro”.

Isto non é, por suposto, mérito da APM, simple e humilde vehículo para a súa entrega, senón desa rede informal que cada ano amosa a súa existencia ao subir ó escenario para entregar e recibir, para demostrar que, ao marxe de calquera cadea oficial e institucional, a sociedade involúcrase de diversas maneiras para darlle sentido real ao concepto de “boas prácticas”.

E foi, ademais, un ano especial, porque dende 2019 non contabamos coa presenza de público, en xeral, e da xente da APM en particular 🙂

Hoxe comezaremos coa fermosa introdución da man de Noela, coa súa mirada radiofónica levando o fío visual da entrega dos premios desta edición, todo un agasallo para a APM, e tamén para as persoas asistentes, que por unha vez viron reducidas as aparicións estelares do Presidente, Iago González, e o seu humor soterrado.

 

 


Nos próximos días seguiremos subindo as seis entregas de premiantes e premiadas desta edición, pero deixámosvos xa acceso á galería fotográfica do evento, cuberto coa colaboración dos fotógrafos Aarón Rey García e Manolo Penido, de Aspronaga.

 

Boas Prácticas Cidadás 2022

Comparte!

Deixa a tua réplica

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar etiquetas e atributos HTML

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>