Contra el diagnóstico

As persoas rompen…
Esta é unha das ideas que quedaron claras durante a presentación que fixeron en setembro do libro “Contra el Diagnóstico, desmontando la enfermedad mental”, e na que participou o propio autor, Marcos Obregón, con dúas acompañantes, Paula Tomé e Jordi Relaño.
Unha serie de condicionantes fixeron da saúde mental no momento actual un tema de interese, pero o principal debera ser o recoñecemento de que chegamos tarde a unha cuestión que durante décadas construíu unha cidadanía mal formada, cando non malformada. Unha situación prexuizosa, na que o activismo en moitos momentos tivo, ou ten, que enfocar os seus esforzos en reclamar un trato humano.
Este é un dos eixos do discurso de Marcos no libro, pero tamén o é na charla a tres celebrada na libraría Berbiriana, na Coruña. Nese sentido, isto non ía ser unha simple presentación, non podía, posto que da confluencia de tres cabezas, e tres experiencias, era visto que xurdirían diferentes relatos na construción desas roturas.
O dialogo aberto, sincero e ameno das tres participantes é un engadido ao propio libro, posto que sitúa unha desas periferias que con tanta frecuencia xeramos sen darnos de conta: Non apareceu da nada un problema, senón que sempre estivo aí, e agora semella que hai que situalo na realidade que lle corresponde, a que leva moitos anos reclamando respecto e o trato obrigado nunha sociedade que asegura recoñecer os dereitos da cidadanía.
Esta gravación forma parte do proceso de investigación dun proxecto en curso.


Últimas entradas de APM (ver todas)
- #Cultura e ecosistemas de aprendizaxe - 5 Abril, 2023
- “Follar” también es un derecho, la punta de iceberg - 13 Febreiro, 2023
- Para ir dando ánimos a 2023 - 31 Decembro, 2022
- Baixo o mesmo paraugas - 9 Decembro, 2022
- Convenio coa Fundación Emalcsa: O rodaxe de “estartap” - 18 Novembro, 2022
- Contra el diagnóstico - 6 Novembro, 2022
- Boas Prácticas 2022: a entrega - 12 Outubro, 2022
- VI Premios Boas Prácticas Cidadás - 10 Setembro, 2022
- “Estártap”: indagando na metodoloxía e nos recursos de investigación - 30 Agosto, 2022
- “estártap, unha historia de emprendemento”, en colaboración coa Deputación da Coruña - 13 Agosto, 2022