Convenio coa Fundación Emalcsa: O rodaxe de “estartap”

O pasado 27 de outubro o presidente , Iago González, asinou en representación da APM un convenio de colaboración coa Fundación Emalcsa no marco da VII Convocatoria ‘Cultura Accesible e Inclusiva’ (2022-2023). O acto se celebrou no Salón de Plenos de Concello e foi presidido pola Alcaldesa, Inés Rey.
A dotación deste convenio implica unha axuda económica para a rodaxe do proxecto ESTARTAP no que andamos inmersos xunto coas entidades, colectivos e persoas que participamos na fase de desenvolvemento realizada coa colaboración da Deputación da Coruña, tal e como contábamos no seu momento.
Sobre o proxecto
ESTARTAP é un Proxecto cinematográfico de interese xeral de carácter cultural, social, educativo e de fomento da investigación.
O enfoque sociocultural inclúe actividades vencelladas á creación, investigación, formación, o fomento da creatividade artística de persoas e colectivos en risco de exclusión, a difusión cultural e a sensibilización social.
O deseño e execución realizouse en dúas fases ben diferenciadas estando a primeira en desenvolvemento. A esta VII convocatoria de Cultura Accesible e Inclusiva se presentou a 2ª Fase, que é na que se pon de relevancia o seu carácter cultural e artístico:
-
- 1ª fase: Investigación e desenvolvemento dos elementos de desigualdade relacionados coa base argumental inspirada na realidade Nesta fase participan entidades do ámbito da discapacidade e da educación (coa colaboración da Deputación da Coruña na convocatoria de actividades cultuais de 2022)
- 2ª fase: Produción, rodaxe e realización da peza cinematográfica “ESTARTAP, unha historia de emprendemento” (que foi aceptada nesta convocatoria de Cultura Accesible e Inclusiva da Fundación Emalcsa)
É dicir, partindo dunha base argumental previa, realizarase o proxecto cinematográfico a partir do desenvolto este ano sobre as desigualdades tecnolóxicas e de xestión electrónica evidenciadas pola situación pandémica. Estes feitos, sufridos pola maioría da poboación, resultaron máis evidentes en colectivos como os das persoas con discapacidade ou na xente maior, e a intención é definilos o mellor posible nunha historia de ficción (“estartap”) para que a súa difusión poida ter unha utilidade pedagóxica e de sensibilización.
Sobre a convocatoria
O programa Cultura Accesible e Inclusiva de la Fundación Emalcsa vai xa pola VII convocatoria, e ten por obxecto apoiar económicamente ás entidades culturais na execución de proxectos de Cultura Accesible e Inclusiva na cidade da Coruña atendendo ás diversidades existentes.
Para iso, os proxectos que concorran deberán atender a algún dos seguintes fins:
-
- Fomentar que as persoas con discapacidade ou en risco de exclusión poidan desenvolver e utilizar o seu potencial creativo, artístico e intelectual, non só no seu propio beneficio senón tamén para o enriquecemento da sociedade.
- Elaborar material ou desenvolver programación e actividades culturais en formatos accesibles e inclusivos.
- Promover o acceso das persoas con discapacidade ou en risco de exclusión á oferta cultural mediante o establecemento de mecanismos de participación, incluídos os tecnolóxicos, ou a facilitación dos recursos de apoio necesarios.
- Eliminar barreiras de acceso a lugares físicos ou virtuais onde se desenvolvan representacións ou servizos culturais tales como teatros, museos, cinemas, bibliotecas, páxinas web ou outros.
No financiamento deste programa participa tamén a compañía gallega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski e a Fundación María José Jove.


Últimas entradas de APM (ver todas)
- #Cultura e ecosistemas de aprendizaxe - 5 Abril, 2023
- “Follar” también es un derecho, la punta de iceberg - 13 Febreiro, 2023
- Para ir dando ánimos a 2023 - 31 Decembro, 2022
- Baixo o mesmo paraugas - 9 Decembro, 2022
- Convenio coa Fundación Emalcsa: O rodaxe de “estartap” - 18 Novembro, 2022
- Contra el diagnóstico - 6 Novembro, 2022
- Boas Prácticas 2022: a entrega - 12 Outubro, 2022
- VI Premios Boas Prácticas Cidadás - 10 Setembro, 2022
- “Estártap”: indagando na metodoloxía e nos recursos de investigación - 30 Agosto, 2022
- “estártap, unha historia de emprendemento”, en colaboración coa Deputación da Coruña - 13 Agosto, 2022