O porque dun proxecto
Coa mesma rotundidade que os feitos tenden a confirmar que a realidade supera calquera ficción, temos o convencemento de que “As mellores historias… ocorren no día a día”.
Todo é unha historia. A vida é unha historia. En cada historia caben moitas vidas. Pero, todas merecen ser contadas? Rotundamente si. Tan só hai que saber que se quere contar e iso pide un punto de vista, unha narrativa, un estilo, un xénero, unha gramática, un tempo…
Esa é a función da cultura porque, como lle escoitamos recentemente a Mara Torres nunha entrevista, “Ata que non chega a cultura, non entendemos a información”.
No noso caso, non buscamos as historias, nos asaltan no día a día, xorden das persoas que se relacionan coa asociación. Outra cuestión é como se converten en proxectos, e iso ten moito que ver coas convocatorias públicas de axudas a “proxectos culturais”, algo que temos en revisión e debate interno polo malestar derivado de certos efectos non desexados. Pero as veces tamén son o detonante para darlle forma ás ideas que levan tempo puxando por facerse un oco.
O certo e que desde que coñecemos a Pilar Castiñeira e Juan Ramos nos engancharon coa súa paixón e coa a súa labor desde AnhidaCoruña en torno ao TDAH: Trastorno de Déficit de Atención e Hiperactividade.
E nos fixo pensar na contradición de que “normalizar” pasa por asumir como etiqueta a palabra “trastorno”, e nos sorprendía a naturalidade coa que o incorporan. Por outro lado, a palabra “hiperactividade”, en medio desta espiral de velocidade que nos envolve…
Cando se publicou a convocatoria da Deputación da Coruña para actividades culturais, o proxecto tomou vida inmediata partindo dun título breve, conciso e consensuado: TrasTornados.
2 comentarios en “O porque dun proxecto”