Historias de cine: estrea de… “estártap”!

APM 12 Decembro 2023

 

Onde nacen as historias?

As mellores historias…, ocorren no día a día.

 

Argumento (sen spoiler)

2020: A pandemia aterroriza ao mundo, baleira as rúas e enche o aire de lamentacións…

Pero a Txuso, agora farto de recibir chamadas de queixas e de dar ánimos tras décadas do seu obrigado illamento pola cadeira de rodas, ocórreselle unha idea emprendedora…

As redes redobran o seu protagonismo durante o confinamento e ponse de moda o metaverso: as inmobiliarias fan negocios, danse receitas de resiliencia e ate se inviste en avatares persoais con roupa de marca… E se en vez de por teléfono venden fórmulas e consellos dende a pantalla?

Convence a Xoán, e conseguen montar unha ESTÁRTAP, cun éxito inmediato que lles leva a moitas contratacións para atender ás colas virtuais en agarda de tratamento: “Isto vainos cambiar!”, “imos saír reforzados como sociedade!…

Pero chega a Nova Normalidade, e a xente tolea de festa en festa como se non houbera un mañá: Todo o mundo é feliz!

O pasado 15 de novembro estreouse no Teatro Colón da Coruña. Cheo total. E, ao final, todo o elenco de protagonistas no escenario recibindo os aplausos con orgullo, con emoción. Ademais de ser os protagonistas da película, estaban conquistando o espazo público.

Dos comos e porqués do director, da metodoloxía, da escasez de recursos e da xenerosidade das aportacións voluntarias falaremos outro día. Agora…, comeza a película!

A estrea foi difundida dentro da Campaña #BoasPracticasCidadás2023 en Spotify, gravada coa colaboración de voluntariado profesional da actriz Isabel Risco e financiada coa colaboración de Concello da Coruña.

Comparte!

Deixa a tua réplica

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar etiquetas e atributos HTML

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>