Sabes debuxar unha árbore?
Incluso quen non recibimos o don para debuxar, somos capaces de trazar algunhas liñas que permitan identificar unha árbore. E, á vista dos resultados, dubido que a ninguén se lle ocorrera preguntar: todas son árbores?
Uns gustarannos máis, outros menos. Algúns veranse mellor e outros quedaran camuflados polo contexto. Influirán as modas, as culturas, as “opinións”… Pero ninguén dubidará de que todas son árbores.
Preguntámonos por que, tras 45 constitucionais anos, cando ó fin semella haber acordo sobre a obriga de meterse co pouco afortunado artigo 49, seguimos sen saber por o acento no que debería ser obvio.
“Artigo 49.1. As persoas con discapacidade son titulares dos dereitos e deberes previstos neste Título en condicións de liberdade e igualdade real e efectiva, sen que poida producirse discriminación”.
E o que debera ser obvio, a esencia, son tres palabras: Persoas, dereitos, deberes. E establecer a correlación entre dereitos e deberes.
O marcado en vermello sobra, é facer unha anotación que limita. E os outros 3 puntos do artigo, que son igualmente pomposos, tampouco se compren. Haberá que acordar, e deixar constancia neste mesmo sacralizado texto, pero noutro parágrafo e/ou artigo, as obrigas e medidas cando se produza calquera tipo de discriminación. É dicir, elevar á categoría constitucional a #NonExclusión.
Pero falamos de árbores, unha figura moi do nadal, así que: Feliz diversidade!