En curso: CVP

APM 30 Abril 2024

Trátase dun proxecto sociocultural que inclúe actividades vencelladas á creación, á cultura como proceso de investigación e  fomento da creatividade artística. Entre os obxectivos da difusión cultural deste prroxecto está a sensibilización social respecto á importancia da cultura.

Consiste nun documental inverso, é dicir, que vai reflectir a investigación como proceso para chegar ao punto final que se converte no xogo de palabras que compoñen o título:

Con Voz Propia

  • Con: Denota o medio, modo ou instrumento que sirve para facer algo
  • Voz: Poder, facultade, dereito para facer alguén, no seu nome, o conveniente
  • Propia:
    • Que pertence de maneira exclusiva a alguén
    • Característico, peculiar de cada persoa ou cousa
    • Natural, non postizo nin artificial.

 Para a escaleta, utilízase como mecanismo o enfoque polisémico progresivo da palabra cultura:

  • Acervo de sentimentos e feitos das comunidades
  • Expresión a través das diferentes manifestacións artísticas
  • Expresión dos contidos e o proceso a través das posibilidades artísticas do formato audiovisual

O proxecto comeza coa proposta ás entidades e persoas participantes a fin visualizar o interese e darlle forma para presentalo á convocatoria da Deputación.

Comparte!