#BoasPrácticasCidadás2024: VIII edición dos premios
A cidadanía, desde a independencia de criterio, volveu a galardoar ás persoas pola súa labor solidaria, implicación social e paixón
Nas nominacións destacaron, unha vez máis, o activismo desde o deporte, a arte, a implicación coas persoas migrantes, o fomento das capacidades das persoas e a necesidade da educación social. A gala de entrega tivo lugar o pasado 19 de setembro no salón de actos da ONCE da Coruña.
Así presentaba o acto a xornalista Noela Bao:
Uns premios modestos pero moi valiosos porque son unha rede de recoñecementos entre a propia cidadanía, recoñecemento publico, que é importante.
Falamos de labores solidarias, de implicación social, pero sobre todo de paixón, de tenacidade ou de inconformismo, que é un pouco o que teñen en común todos os premiados e premiadas.
Persoas premiadas que á vez premian, porque as que recibiron galardón o ano pasado, tiñan esa encomenda de volver subir aquí e decidir que é un bo exemplo, nun mundo que estamos cheos de ruído e de deshumanización, e pode que sexa alguén que nos soa un pouco, que vimos algunha vez e sexa máis famoso ou que sexa completamente descoñecido ou descoñecida na esfera pública.
En todo caso, 42 persoas levan tecendo esta rede de afectos comprometidos e a estas 42 persoas vanse sumar agora Fran, Ricardo, Sonia, Mito, Ángel e Rosalía. Seis persoas que fan que o mundo cambie, pero cambie para ben no seu ámbito, con comportamentos e actitudes que destacan na educación social, na migración, tamén na arte, no activismo do deporte, de derrubar barreiras, tamén se vai falar hoxe, ou de fomentar as capacidades das persoas.
Enlaces a elementos gráficos para visualizar y descargar: