Talento e… ¡boas prácticas!
Nun ano no que tantas crúas realidades analóxicas puxeron a proba á cidadanía, en todo o planeta e en moitas frontes, fíxose tamén moi evidente que as nosas capacidades máis humanas seguen a ser unha opción irrenunciable.
E iso é o que nos lembra cada ano a Rede que se vai tecendo na contorna dos Premios Boas Prácticas Cidadás. Quen elixe a quen? Por que? En que se diferenza para que a súa labor destaque?
Non hai unha soa resposta, pero si un punto en común: son persoas Con Voz Propia. E entre todas, unha polifonía de voces que contribúen a ampliar a mirada, un delicioso exercicio de escoita e unha conversa que enriquece porque, parafraseando a Jorge Wagensberg: Conversar es una buena idea porque, en general, no ignoramos lo mismo.
#BoasPrácticasCidadás2024
“Hay gente con valores que no tiene cauce para expresar esas posibilidades”. Guillermo Fernández-Obenza, Mito, fundador da ONG Ecodesarrollo Gaia
“La cultura va a ser más cultura en cuanto sea capaz de tejer comunidad”. Fran Quiroga, cultura, activismo e participación. “No importa quién seas, siempre hay algo que se puede hacer”. Rosalía López, compromiso social e servizo público. “Para poder funcionar hay que organizarse”. Ricardo Santos, co-fundador de Down Coruña. “Generamos un tejido social que hace que personas se conviertan en acompañantes de vidas“. Sonia González, presidenta do Colexio Oficial de Educación social “Al final somos personas, personas con discapacidad, pero personas, ante todo”. Ángel López, deportista e presidente da Fundación Enki.