A Deputación da Coruña apoia o proxecto Con Voz Propia

APM 11 Agosto 2025

Na súa resolución da convocatoria de 2025 para a realización de actividades culturais, a Deputación da Coruña aprobou unha axuda de 7.700€ para as actividades do proxecto #ConVozPropia para as actividades desta anualidade.

O proxecto, que é produto da traxectoria de cultura e investigación da asociación Proxecto Máscaras, foi tomando corpo nos últimos años empezando a súa andaina en 2023 tras a inmersión no proxecto TrasTornados que puxo en primeira liña a importancia da investigación para entender e para documentar.

O pasado 13 de maio, foi presentado o informe “A cultura como ben público mundial, esencial, básico e de primeira necesidade”, impulsado polo Ministerio de Cultura de España e elaborado pola Fundación Gabeiras. Cun obxectivo tan loable como situar a cultura no centro como un dereito fundamental e compartido, analiza como garantir os dereitos culturais na práctica.

No intento de poñer orde no uso da definición de cultura o informe apoiase en criterios de clasificación cuxos exemplos non deixan de ser, cando menos, curiosos:

Ben de Primeira Necesidade: Refírese todo o máis práctico. Como o pan ou o leite, necesitamos “ferramentas” culturais (libros, bibliotecas, acceso a internet) para que a nosa vida diaria non se deteña (pp. 13, 25).

Ben Básico: É a base de todo. Son as institucións (museos, arquivos, teatros) que sosteñen a nosa identidade e a nosa historia (p. 25).

Ben Esencial: Aquí é onde entra o Dereito. Chámase “esencial” porque está unido aos nosos Dereitos Fundamentais. Por exemplo, se hai unha folga no Museo del Prado, débense garantir uns servizos mínimos porque o acceso a esa cultura é un dereito que a lei protexe por encima de case todo (pp. 22, 25).

Ben Público Mundial: Significa que a cultura non pertence só a un país ou a unha empresa. É un “capital” de toda a humanidade que os gobernos do mundo deben protexer xuntos para que ninguén quede fóra (pp. 33, 36).

Como novidade aborda un importante cambio: do “dereito no papel” á “realidade garantida”. E argumenta que moitas veces dicimos “todos temos dereito á cultura”, pero se non hai diñeiro para a biblioteca do teu barrio, ese dereito non serve de nada.

Na asociación entendemos que este dereito empeza moito antes, na posibilidade e capacidade para ter unha Voz Propia. Non se trata só de falar de colectivos, que tamén. Deixemos a condescendencia para incluírnos nas preguntas básicas, porque:

Como se constrúe a voz en tempos de likes e silencios?

Quen ten hoxe voz propia?

Comparte!