Apoio da Deputación da Coruña para equipamento

APM 1 Agosto 2025

Nas asociacións culturais, boa parte do camiño percorrido constrúese grazas á xenerosidade e ás colaboracións de persoas e entidades que comparten tempo, recursos e coñecementos para facer posibles os proxectos. Mais tamén é importante fortalecer pouco a pouco as ferramentas propias que permiten desenvolver ese traballo con maior estabilidade e autonomía.

Por iso, queremos agradecer que a Deputación da Coruña aprobase unha axuda de 3.042,89 € dentro da convocatoria FO204/2025 de subvencións a entidades sen ánimo de lucro para a realización de investimentos culturais durante o ano 2025.

Esta achega permitirá á Asociación Proxecto Máscaras continuar mellorando o equipamento e as ferramentas de traballo vinculadas á creación e realización audiovisual participativa, reforzando así a capacidade técnica necesaria para seguir desenvolvendo proxectos culturais, sociais e inclusivos.

Comparte!