Cando a cidadanía recoñece á cidadanía, algo especial sucede

Iago González 29 Decembro 2025

Tempo de valor e Boas Prácticas, por que o fan?

Os Premios Boas Prácticas Cidadás nacen de aí: de mirar ao redor e agradecer a quen suma, coida e constrúe comunidade desde a ética, a solidariedade e a paixón.

Na IX edición, celebrada en setembro, xa son 54 as persoas recoñecidas polo seu labor social, cultural e humana. Persoas elixidas por quen recibiu o premio o ano anterior. Persoas que xeran impacto real, desde o cotián.

Este ano, ademais, celebramos a achega á cultura inclusiva da serie “A coral”, de Tex45 producións.

Na APM cremos que a cultura pode abrir camiños, derrubar etiquetas e achegarnos.
Se te moves neses valores, convidámosche a seguirnos e facer rede.

#BoasPrácticasCidadás2025

“Un camiño que é duro pero tamén profundamente gratificante”. Fina Arcas, polo seu activismo pola inclusión e os valores das persoas.

 

“É unha necesidade ser sociable; é unha necesidade ser xeneroso”. Irmáns Vaamonte, Pitusa e Chemi, por unha vida de dedicación e cariño ás persoas.

 

“Esas cousas pequenas, o que facemos cada día, si que conta, e iso pode facer que a nosa contorna máis próxima sexa algo mellor”. David Hermida Fernández, pola súa pura implicación mais alá do profesional.

 

“A xente que me rodea a min, toda fai cousas polos demais, senón non estarían ao meu lado”. Fernanda Pérez, activista tecedora de complicidades e redes.

 

“O que realmente transforma non é só o que facemos, senón como o facemos”. Laura Presedo, pola mirada inclusiva e a xenerosidade persoal.

 

“Non vale con ver as cousas e quedarse parado, senón que según as vexas e según a tua conciencia, tes que actuar”. Concha Sánchez, polo activismo implicado: do local ao global.

 

Comparte!

Deixa a tua réplica

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar etiquetas e atributos HTML

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>