Apoio da Deputación da Coruña ás actividades de 2026

APM 21 Xullo 2026

Na súa resolución da convocatoria de 2026 para a realización de actividades culturais, a Deputación da Coruña aprobou unha axuda de 7.560€ para as actividades do proxecto #ConVozPropia correspondentes a esta anualidade.

En esencia, trátase dun proxecto sociocultural que inclúe actividades vinculadas á creación, a cultura como proceso de investigación a través da creatividade artística audiovisual e a participación social

Un proxecto que é posible grazas a confluencia do aprendizaxe colectivo da traxectoria da asociación de máis de 300 persoas ao longo dos 12 anos de funcionamento e coa participación ou apoio de mais de 40 entidades. Con todo este bagaxe e coñecemento comunitario, o proxecto avanza desde o seu propósito claro e definido: A investigación como cultura e a cultura da investigación.

A formulación como proceso documental inverso nace dunha pregunta sinxela e urxente: Quen ten hoxe voz propia?

A APM impulsa e desenvolve este proceso colectivo a través de talleres, encontros, lecturas e gravacións no que participan persoas de distintas idades, capacidades e traxectorias co afán de construír xuntas a escaleta dun relato común que respecte o empoderamento e visibilización das voces diferenciadas que o compoñen.

Máis que un só produto pechado, Con Voz Propia é, cada vez mais, un espello compartido cunha polifonía de voces que revela:

    1. como nos recoñecemos
    2. como nos vinculamos
    3. como loitamos contra a exclusión nun mundo onde os “likes” parecen definir o valor do que somos

Paradóxicamente, ao tempo que se traballa en reivindicar o valor do proceso, é preciso contrarrestar a perentoria sensación de présa, a ubicuidade e as lecturas en diagonal  polo que tamén se traballan os ganchos comunicativos con frases curtas e contundentes adaptadas ao actual estilo slogan que tanto se valora.

Comparte!