Dez anos aprendendo coas persoas: Boas Prácticas Cidadás 2026

APM 18 Setembro 2026

Hai dez anos celebramos por primeira vez os Premios ás Boas Prácticas Cidadás.

Desde entón sucederon moitas cousas: 60 recoñecementos, moitas historias e unha rede de persoas que foi medrando edición tras edición, sempre a partir dunha idea moi sinxela: que sexa a propia cidadanía quen mire ao seu redor e recoñeza aquilo que merece ser visto.

O próximo xoves 24 de setembro volvemos atoparnos para celebrar a X edición.

E como ás veces un minuto conta mellor as cousas que varios parágrafos, preparamos este breve vídeo. 🎬

Este ano incorporaranse novas persoas a esta historia compartida. No cartel e na nota de prensa podedes coñecer as protagonistas desta edición e, ademais, algunha pincelada sobre estes dez anos de Boas Prácticas Cidadás.

X Premios ás Boas Prácticas Cidadás
📅 Xoves, 24 de setembro
🕡 Apertura de portas: 18:45 h
📍 Salón de actos da ONCE, Cantón Grande 3, A Coruña
Entrada libre ata completar aforo.