Autor: APM

Dez anos aprendendo coas persoas: Boas Prácticas Cidadás 2026

Hai dez anos celebramos por primeira vez os Premios ás Boas Prácticas Cidadás. Desde entón sucederon moitas cousas: 60 recoñecementos, moitas historias e unha rede de persoas que foi medrando edición tras edición, sempre a partir dunha idea moi sinxela: que sexa a propia cidadanía quen mire ao seu redor e recoñeza aquilo que merece […]

Continúa lendo

Sete razóns que fan de “Las madres de los pingüinos” unha serie diferente

Rosalía López é fisioterapeuta e doutora en Xerontoloxía, cunha ampla traxectoria profesional, investigadora e activista no ámbito da discapacidade. Foi membro das xuntas directivas de ACADAR, GRUMICO e COGAMI e desenvolveu tamén unha etapa de representación política no Parlamento de Galicia e actualmente no Concello da Coruña. Desde esta experiencia e coñecemento, achéganos a súa […]

Continúa lendo

Non reducir a cultura as súas manifestacións artísticas

De tanto sobar argumentos ao redor da IA, van aparecendo algunhas cuestións que non estaban entre as brechas inicialmente contempladas. E, cando aparecen, chegan acompañadas de novas preguntas. Porque si, a IA pode multiplicar algunhas capacidades humanas, pero, tamén toca preguntar: todo o mundo dispón desas capacidades? Onde se desenvolven? Non existe unha única resposta, […]

Continúa lendo

Apoio da Deputación da Coruña ás actividades de 2026

Na súa resolución da convocatoria de 2026 para a realización de actividades culturais, a Deputación da Coruña aprobou unha axuda de 7.560€ para as actividades do proxecto #ConVozPropia correspondentes a esta anualidade. En esencia, trátase dun proxecto sociocultural que inclúe actividades vinculadas á creación, a cultura como proceso de investigación a través da creatividade artística […]

Continúa lendo

Cantas veces confundimos accesibilidade con dispoñibilidade?

A diferenza entre acceso formal e acceso real non parece tan obvia, a pesar de que persoas e institucións non deixan de falar de accesibilidade: institucións que afirman promover a participación cidadá, convocatorias que se presentan como abertas, proxectos culturais que se definen como inclusivos… E, probablemente, fano coa mellor das intencións. Con todo, se a […]

Continúa lendo

Hai (case) 30 anos

No seu libro do ano 1999 “Desvío de lo real: el cine de no ficción”, o crítico, escritor e programador cinematográfico Antonio Weinrichter dedicaba un capítulo ao que nomeou como o “síndrome de archivo”, un xeito de referirse ao problema que xurde no campo da non-ficción/documental cando os materiais de arquivo pasan a ter máis […]

Continúa lendo

Sen comentarios

Durante moitos anos, nesta asociación defendemos un principio que consideramos fundamental: a participación. Entendiamos —e seguimos entendendo— que os espazos compartidos se enriquecen cando as persoas poden achegar, debater e construír en común. Por iso, desde o inicio, abrimos a sección de comentarios no noso blog como unha forma de fomentar ese diálogo. Durante un […]

Continúa lendo

E xa no 2026 brindamos por algo sinxelo

✨ Persoas que suman e culturas que nos achegan Se ademais podemos facelo con humor… mellor aínda 😉 🥂 Por unha cultura sen etiquetas, máis aberta, máis humana e máis compartida. #HumorConValores #ImpactoSocial  ✨ 2026: máis cultura, máis inclusión, máis vida compartida Con desexos e feitos, porque este ano novo que non só estréase calendario: estréanse […]

Continúa lendo

“Educarse coa esperanza de permanecer libres e independentes”

Segundo relata Irene Vallejo en El infinito en un junco, debemos a Alejandro Magno a aparición da vertixe e os terrores da globalización nunha multitude de pequenas nacións gregas que, ata entón, enorgullecíanse da súa propia política e a súa propia cultura. Por iso, para defender a súa liberdade, eran tan frecuentes os roces e […]

Continúa lendo

As Boas Prácticas 2025 ao escenario :-)

Xa queda menos para a cita anual que sempre nos sorprende… e nos carga as pilas para todo o ano. O xoves 18 de setembro, no salón de actos da ONCE da Coruña, teremos a sorte de compartir a mirada das seis persoas premiadas de 2024 que nos presentarán cada unha, a súa persoa elixida […]

Continúa lendo

Neste espazo conflúen as reflexións e miradas persoais das diferetes voces que conforman esta rede con acividades e metodoloxías que se desenvolven desde a Asociación. É o espazo dos procesos, dos comos e dos pequenos pasos que son necesarios para que as cousas sucedan.

Trailer
Estreno de Máscaras

Registrado en Safe Creative

Safe Creative #1803150297998

1ca49be6-d279-3e44-8873-e5c008d9beda

Etiquetas
Dosier de prensa

“un sentimiento tan potente que salta de la pantalla”
Calcetin(e)s: Actores en la vida pública
Categorías
Etiquetas