Boas Prácticas 2026
Home Boas Prácticas 2026
X edición dos premios da APM
Vídeos do acto de entrega celebrado na sede da Fundación ONCE da Coruña, o 24 de setembro de 2026.
E por suposto, tamén podedes acceder á galería fotográfica do acto no noso Flickr nesta dirección 🙂 https://flic.kr/s/aHBqjD6heC
Premio a Mónica Forteza.
Psicóloga e activista pola accesibilidade e os dereitos das persoas con discapacidade, pola súa enerxía transformadora, coraxe e compromiso
Elixida por Laura Presedo.
Premio a Maite Veiro
Coidadora e formadora, pola súa capacidade de entrega e axuda ás persoas.
Elixida por Fina Arcas.
Premio a Lourdes Suárez
Traballadora social desde hai case corenta anos, pola súa traxectoria humana e liderado implicado.
Elixida por Pitusa Vaamonde.
Premio a Mariquiña Capelán e Javier Rivas
Pola súa calidade humana, activismo e colaboración en diversas causas.
Elixidos por David Hermida.
Premio a Marta Casal
Socióloga especializada en intervención social, polo seu activismo e compromiso persoal e profesional.
Elixida por Fer Pardo,
Premio a Yolanda Sánchez
Polo seu compromiso, xustiza social e dignidade desenvolvendo labores na Pastoral Penitenciaria
Elixida por Concha Sánchez.
Clausura
Peche de Carlos Fernández Lamigueiro, presidente Consejo Territorial da ONCE en Galicia