Premios anuais

Boas Prácticas Cidadás

Dende 2017

aprendendo coas persoas

Os Premios Boas Prácticas Cidadás nacen impulsados pola Asociación Proxecto Máscaras (APM), para recoñecer publicamente a persoas que, desde ámbitos moi diversos, contribúen a construír unha sociedade mellor a través do seu compromiso, solidariedade e implicación cidadá.

A súa principal singularidade está na maneira de elixir as persoas recoñecidas: quen recibe un premio asume a responsabilidade de escoller e recoñecer a outra persoa na seguinte edición.

Deste xeito, ano tras ano, vaise construíndo unha rede de recoñecemento entre iguais, na que a propia cidadanía identifica, visibiliza e pon en valor boas prácticas que merecen ser coñecidas e compartidas.

Esperar... Avanzando

Cinco anos de persoas premiadas e premiantes (2017–2021).

Todas as edicións

Desde aqui pódese acceder ás páxinas adicadas a cada unha das edicións nas que se recompilan os materiais de vídeo e fotográficos relacionados.

En proceso de actualización.

2017

2018

2019

2020

2021

2022

2023

2024