A Asociación
Home A Asociación
Asociación Proxecto Máscaras
Cultura, sociedade, educación e investigación
A asociación Proxecto Máscaras, APM, é unha entidade de carácter cultural, social, educativo e de fomento de la investigación, inscrita no Rexistro de Asociacións con nº 2014/018301-1ª, no REMAC co nº 585 e no Rexistro de Voluntariado co nº O-758.
Constitúese oficialmente en xaneiro de 2014 pero é produto dun longo proceso de maduración para canalizar e facer sostible a actividade e o fomento do voluntariado, corporativo e persoal, que se viña realizando xa desde 2012 cos protagonistas da película Máscaras e a asociación Aspronaga.
Visión e misión
A Asociación Proxecto Máscaras parte da firme creencia na potencia de contar esas realidades que xa existen, pero que necesitan ser narradas. Porque educar é deixar espazo para facer, para coñecer… e para pensar. Porque para poder facer cousas novas, hai que ver cousas novas.
Funcionamento
De Coruña para o mundo… a APM é moi plural na súa composición xa que participan persoas e entidades con diferentes intereses e procedencias xeográficas, persoais e profesionais.
A actividade articúlase ao redor de proxectos audiovisuais que dan pé ás diferentes formas de achega e participación
Redes de colaboración
En liña coa nosa Visión e Misión, entendemos como implicación a participación activa no desenvolvemento dos proxectos de intervención da Asociación mediante as diferentes fórmulas recollidas nos estatutos.
Calquera forma de participación, integración ou colaboración implica asumir os compromisos co traballo, liñas de difusión e actividades relacionadas coa misión e obxectivos da Asociación. Todas as aportacións terán o debido recoñecemento por parte da Asociación.
Transparencia
Na Asociación Proxecto Máscaras entendemos a transparencia non como un fin, senón como unha metodoloxía de traballo que se refire tanto aos proxectos como ao propio funcionamento da asociación.