Liñas de traballo e proxectos

Audiovisual

Cine e Educación

Sen comillas… É cine!

Ou tal ver deberíamos dicir “Educación e Cine”. Porque estar no espazo público é quitar as comillas, é atreverse co mundo que se desenvolve máis aló dos “circuitos especiais”.  É cine, e como tal debe ser tratado.

Nunha película valóranse, fundamentalmente, dúas cousas: a historia que conta e como a conta. É dicir, o guión, o taleto e a técnica de quen dirixe, realizan e actúan. Ese é o obxectivo e o potencial do cinema: contar historias para que a xente as disfrute. Pois iso.

Rodeados de servizos de inercia, esquécesenos que o cambio que tanto invocamos non consiste na emerxencia de novos roles sociais ou prácticas en “recursos humanos”. Non en facer cousas “para as persoas” SENÓN coas persoas. Pero, facémolo?

Aínda que a palabra competir cargouse de connotacións negativas, no mundo real compítese, incluso (ou sobre todo) con nos mesmos. Porque, non é iso o que significa “ter un soño”?

Ás veces o discurso dos valores peca de egocentrismo e hiperreflexividad. As boas intencións son fáciles de confundir con burbullas de proteccionismo, a peor das barreiras porque condenan a unha vida preescrita de antemán.

A vida plena o é porque leva risco, incerteza, aventura, paixón, ilusión, curiosidade Que peor nos pode pasar que non ter soños e logo tentar cumprilos? Aínda que non os logremos.

Se queremos valores diferentes, temos que contar outra historia, unha historia que entenda que a narrativa dun individuo é un compoñente esencial da identidade dunha persoa, que unha narrativa colectiva, é un compoñente esencial dunha identidade cultural, e que sen esta, é imposible imaxinarse uno mesmo como parte dun grupo.

Beeban Kidron – La maravilla compartida del cine

A potecia do audiovisual

A actividade anual da APM articúlase en torno ao desenvolvemento dun proxecto audiovisual, que serve de base para investigar tanto nos contidos como nos firmatos, como se está a facer actualmente coa Sitcom: “Na vida pública”.

Este eixo central dá pé ás diferentes formas de achega e participación cos seguintes obxectivos:

– Desenvolvemento do potencial de transformación da arte e a cultura.
– Desenvolvemento da rede de acción voluntaria e boas prácticas cidadás.
– Continuación da liña de investigación sobre o humor contextual.
– Desenvolvemento de habilidades e competencias sociais e artístico-culturais.
– Sensibilización e pedagoxía social.

Algúns proxectos realizados

Sitcom "Na vida pública"

Serie de humor e ironía co-dirixida por Iago González e Isabel Iglesias

Os carteis estaban por todas partes: “Búscase xente para casting para amosar una cidade humana, dinámica, próspera e emprendedora. Cun estilo de vida con escala humana, acolledora…”

E á cola do casting foron chegando, coas súas mellores galas e con moitísima ilusión, Mireya, Sergio, Pablo, Julia, Miguel, Isabel, Eva, Ángeles, Jesús…

FUGA2: unha perfecta obra imperfecta

Curtametraxe de ficción desenvolta no marco do proxecto de Cultura Inclusiva “Un día de Cine”.

Os irmáns Maroto, que viven unha época problemática escapan do seu colexio e refuxanse noutro chegando ata a biblioteca, na que terán que sobrevivir agochados.

Pero a noticia empeza a circular provocando posicións enfrontadas: mentres os delegados os persegue, os amigos da bibliotecaria os protexen. A resolución do conflito implica un debate moral do que debe saír a decisión dos fuxitivos e os seus cómplices.

Máscaras

Longametraxe de non ficción

Como cada ano, Eva, Manolo, Amparo, Miguel e Mireya tiñan que elixir unha actividade de lecer, e o de facer un curto saíase do habitual.

Pero non sabían o que lles esperaba: nervios, esforzo, risas, camaradería… Porque mentres aprendían, ensaiaban e rodaban o seu curto, estaban a ser actores da súa vida e da súa película: Máscaras.

Calecetin(e)s

Curtametraxe de ficción

“Brais traballa fabricando bisagras en Lamastelle pero un día… notifícanlles que teñen que empezar a fabricar as rodas para as portas de corredera.

O cambio trae a Brais tráxicos recordos así que pide o traslado a outra área… e mándano á cociña. Descoñece o traballo e non consegue adaptarse ata que un día, angustiado pola situación, ten un accidente e o último que ve antes de perder a consciencia foron uns preciosos calcetíns. Pero nada é o que parece…”

Artigos relacionados

Estes son algúns artigos relacionados cos proxectos audiovisuais da Asociación Proxecto Máscaras: