Liñas de traballo e proxectos
Home Liñas de Traballo e Proxectos
Liñas de traballo
As mellores historias ocorren no día a día
A actividade da Asociación Proxecto Máscaras xira en torno a proxectos integráis que inclúen varias tipoloxías de actividades: formación en habilidades e competencias, traballo en equipo, formación en cine (actuación, guión, gravación e realización), sensibilización e formación para a integración pola naturalidade.
Para cumprir co seu obxectivo xeneral de impulsar contextos e contar esas novas realidades que xa existen ou poden existir, a Asociación enfócase nas seguintes liñas de traballo:

Proxectos audiovisuais
Deseñar e impulsar novos proxectos audiovisuais, propios ou en colaboración con outras organizacións.

Contidos pedagóxicos
Elaborar contidos pedagóxicos e talleres para a “integración pola naturalidade”

Investigación
Liñas propias ou en colaboración na procura de novos enfoques e ferramentas eliminación de barreiras.

Formación e sensibilización
Elaborar contidos pedagóxicos e talleres para a “integración pola naturalidade”

Innovación social
Porque a “participación” non é unha palabra, senón un proceso que se esconde na rixidez do normal

Redes de colaboración

Xeración de acordos
Xerar acordos e alianzas entre os axentes sociais, privados e institucionais, co dobre obxectivo de establecer canles de entendemento e potenciar contidos reais para o impulso da implicación e a Responsabilidade Social Corporativa.

Desenvolvemento audiovisual
Favorecer o desenvolvemento audiovisual e a innovación nos procesos de integración e acción voluntaria.

Optimización das dotacións audiovisuais
Proxectos
Ou como representar a diversidade social, cultural e económica
Algúns proxectos da Asociación Proxecto Máscaras nos últimos anos:
Audiovisual
Non se trata dun “simple” reflexo documental senón de aplicar técnica, talento e dedicación.
Porque… Sen comiñas: É CINE
Contidos pedagóxicos
Non se trata de ensinar, senón do que se pode aprender. Porque iso é a vida e todo o que facemos: un aprendizaxe continuo
Formación e sensibilización
O roce fai o cariño. As teorías serven para resumir o aprendido, pero a única forma de aprender é estando en contacto con todo tipo de persoas.
Investigación
Partindo de algunhas tesis iniciais, os temas de investigación van xurdindo desde o afán por indagar e facernos novas preguntas desde a riqueza das diferencias.