Sala de Cine

Sen comiñas... É Cine!!!

Fomentar a educación en participación para avanzar como sociedade

A audiovisualización do mundo é unha realidade imparable pero sen a necesaria educación estamos, cada vez máis, no reino das sensacións por encima das “historias”. Desde a APM cremos que entre todas e todos debemos contribuír a que exista un futuro diferente coa construción do relato do que é posible.

2021

Todos os públicos

17 minutos

Esperar... Avanzando

Un percorrido por cinco anos de premiadas e premiantes ás Boas Prácticas Cidadás.

2019

Todos os públicos

18 minutos

Sitcom "E voto porque me toca"​

Por fin chega a data tan esperada: As persoas con discapacidade intelectual poden votar.  Ao finalizar a ansiada cita coas urnas, a “patrulla cidadá” vaise reunindo na cafetaría para compartir anécdotas e esperar os resultados. E ocorreron moitas cousas

2018

Todos os públicos

21 minutos

Sitcom "E do meu que?"

Primeiro capítulo da SITCOM “Na Vida Pública“, no que se producirá o primeiro encontro da patrulla cidadá de paso que asisten a un casting “para todo o mundo”…

2017

Todos os públicos

14 minutos

FUGA2

Curtametraxe realizada conxuntamente por alumnado do Colexio Plurilingüe Calasancias e persoas dos clubs de ocio de Aspronaga e a Fundación Adcor, dentro do proxecto Un Día de Cine.

2017

Todos os públicos

45 minutos

Tertulia, Un Día de Cine

Tertulia realizada ó remate do proxecto Un Día de Cine, analizando aspectos relativos á cultura inclusiva e ó traballo nos centros educativos.

2017

Todos os públicos

10 minutos

Un Día de Cine

Un (moi) breve percorrido polo que foi o proxecto Un Día de Cine a partir das palabras dunha das protagonistas: Eva

2012

Todos os públicos

5 minutos

Máscaras

Máscaras é unha longametraxe de non ficción. A película conta como dous grupos de persoas con “diferentes capacidades” conseguen facer equipo para crear, rodar e estrear a súa propia curtametraxe. Máscaras é a historia dun Reto. É o resultado dun proceso de creación continuado, de non-intervención, con cámaras gravando en aberto e traballando desde a participación e responsabilidade.