Liñas de traballo e proxectos
Contidos Pedagóxicos
Home Liñas de Traballo e Proxectos Contidos Pedagóxicos
Sobre a innovación social
“o novo non é un criterio para avaliar o bo, senón que o bo é un criterio para avaliar o novo”
O cotián ten moitas palabras comodín que fomos adaptando á (falta de) esixencia derivada da necesidade de movernos en terreo coñecido. Curiosa contradición que nos leva a enterrar o que está por vir entre patróns e estereotipos.
E no noso abanico de recursos uno dos máis socorridos é a palabra “normal”. No desenvolvemento deste proxecto, “a normalidade” é un concepto que nos vimos obrigados a revisar constantemente ata o punto de socavar, en máis dunha ocasión, ideas que criamos ben asentadas.
Porque a “normalidade” ten as súas causas e, evidentemente, tamén as súas consecuencias.
Frase a frase e sen darnos conta imos construíndo un escenario no que a normalidade de ser un mesmo (que é a única normalidade posible) faise difícil, complicada e tramposa. Sen darnos conta imos escribindo para os demais, e sen sospeitalo sequera para nós mesmos, un guión tan amable como duro, tan sincero como ignorante, tan libertario como suicida. (Manuel Calvillo)
Pero, que é a normalidade?
Precisamente porque “frase a frase e sen darnos conta” vanse asentando os conceptos, non estaría de máis preguntarse polo que hai detrás das palabras escollidas. Porque o natural depende do contexto e as regras que van quedando obsoletas non se revisan senón que, polo que estamos a ver, cámbianse a golpe de decreto cando convén? a quen?
Tras as metáforas da vida moderna escóndense baleiros contraditorios:
Se… capacidade é: Aptitude, talento, calidade que dispón a alguén para o bo exercicio de algo.
E… por discapacidade defínese: ”que ten impedida ou entorpecida algunha das actividades cotiás consideradas normais, por alteración das súas funcións intelectuais ou físicas”
Entón… ademais dunha definición incompleta, non estamos a usar a mesma unidade como referencia de medida.
Incorrección (da) política
O discurso do politicamente correcto adoita ser condescendente e as súas achegas, a maior parte das veces, residuais, cando non abertamente daniñas para o conxunto da sociedade. Xa que parece ser bo momento para unha limpeza xeral, e posto que o intelixente é construír, convén empezar por airear os falsos e traizoeiros supostos para deixarnos de interpretacións ao pé da letra.
Porque estar ao pé de algo ou alguén é dobregarse, mellor mirar ao horizonte en toda a súa dimensión. Porque a boca é pequena para segundo que palabra. En cambio, o silencio é inmenso como un vello caserón familiar: todo cabe e todo se perde.
Pedagoxía audiovisual
A orixe das historias
Deseñar un proxecto de “Cultura Accesible e Inclusiva” é aparentemente fácil, xa que segue estando case todo por facer. Sen embargo, é difícil, porque se tende a profundar no gueto, ao caer no buenismo e no terapéutico, ou no pornográfico discurso da exaltación ejemplificante. Coa boca pequena enxalzamos o valor da diferenza, pero escapamos en masa cara ás rutas máis transitadas.
As historias empezan e terminan nas persoas, nos pequenos sucesos do día a día que nos empuxan e arrastran. E a maior parte das veces é só iso ata que, como empezan todos os contos, xorde algo que nos permite dicir “pero un día…”
A cultura como ferramenta
Ademais do proxecto no que se fundamenta, a APM desenvolveu en 2015 as estratexia de actuación que se van desenvolvendo co aprendizaxe acumulativo e metodoloxías de traballo en base a proxectos, que son os que van aportando respaldo social e a implicación nos Grupos de Traballo (recollidos nos estatutos).
Así, desde o cultural, vanse abrindo as liñas de formación e investigación en paralelo aos avances o que permite ir conseguindo os recursos necesarios (integración, voluntariado, convenios e patrocinios). Isto permite non depender exclusivamente dos programas de subvencións oficiais e manter un equilibrio nos obxectivos e orzamentos.