Liñas de traballo e proxectos
Investigación
Home Liñas de Traballo e Proxectos Investigación
Laboratorio social
Os exemplos reais como punto de partida
Hai xente que pensa que a participación xorde por xeneración espontánea… e non. A participación precisa recursos, formación, contexto e, sobre todo, traballo…
Desbloquer o coñecemento
A avaliación social non é algo etéreo senon o resultado das prácticas e tendencias as quetodas as persoas, colectivos e institucións aportamos, por acción ou por omisión, cos nosos actos e discursos.
Todo sucede demasiado rápido así que, aínda cando desenvolvemos proxectos con algún enfoque innovador, temos que ser conscientes da diversidade de aprendizaxes posibles que teñen lugar e que precisan unha reflexión compartida para:
Non caer na trampa de que todas as persoas perdibimos o mesmo
Non dar por suposto que "só con ver" xa se pode aplicar e/ou replicar
Non desperdiciar a diversidade das múltiples interaccións que acontecen
Pluralidade de enfoques e reflexión
O obxectivo e fuxir das xeneralidades e que as persoas poidan aportar a súa prespectiva sobre a experiencia e as ideas que foron xurdindo no proceso.
Reunir nun equipo de traballo a persoas de distintas disciplinas non garante nin o intercambio nin a xeración de coñecemento porque, aínda no caso de existir coincidencias entre algunha dos seus tres características (obxecto, método ou linguaxe), é necesario afastarse do establecido para penetrarse nas fronteiras.
Como detectar os mecanismos que bloquean os proxectos "diferentes"?
Como se pode chegar a definir un propósito compartido?
Como transmitir confianza e a calma necesaria para traballar conxuntamente no proceso?