AGADIC: Participación de Máscaras en la Bienal de la ONCE
La Axencia Galega das Industrias Culturais, AGADIC también recogía en su Web la noticia de la participación de Máscaras en la Bienal de la ONCE
*****
A película ‘Máscaras’, realizada co apoio da Agadic, proxéctase en Madrid dentro da Bienal de Arte Contemporánea da Fundación ONCE
Iago González dirixe esta longametraxe documental, que narra o proceso de realización da curta ‘Calcetin(e)s’ por un grupo de persoas con diferentes graos de discapacidade
Proxecto revelador
Presentado en Madrid como un dos “experimentos máis singulares e reveladores do cine español nos últimos anos”, o proxecto ‘Máscaras’ desenvolveuse ao longo de catro anos sumando preto de 300 horas de gravación, durante as que o equipo seguiu os cinco protagonistas desta historia: Manuel Penido, Eva Fernández, Miguel Fernández, Amparo Díaz e Mireya Delgado.Como compañeiros no obradoiro audiovisual que organiza unha asociación dentro das súas actividades de ocio, os cinco intérpretes involúcranse na gravación dunha curtametraxe de intriga, amor e humor. ‘Máscaras’ é a historia deste reto, de como un grupo de persoas, coas súas distintas capacidades, aprenden a colaborar e asumen a responsabilidade de sacar adiante o seu propio proxecto audiovisual.
Post relacionados:
Un comentario en “AGADIC: Participación de Máscaras en la Bienal de la ONCE”