VI Premios Boas Prácticas Cidadás

APM 10 Setembro 2022

 

A cidadanía elixe a seis persoas polo seu labor no activismo social, cultural e investigador

 

    • Nas nominacións destacan a implicación coa infancia e xuventude, no ámbito cultural e social, na investigación e ecoloxismo e nos programas BoanoiTE e BoaTarde
    • Os premios ás Boas Prácticas Cidadás son outorgados polas persoas premiadas no ano anterior
    • Con esta VI Edición son xa 36 as persoas premiadas pola súa labor de implicación e acción solidaria
    • O acto de entrega será o xoves 22 de setembro ás 18:00 no salón de actos da ONCE. A entrada e libre ata completar aforo, pero con sentidiño.

A Coruña, 08 de setembro 2022.- O presidente da Asociación Proxecto Máscaras, Iago González, presenta a VI edición dos Premios ás Boas Prácticas Cidadás. O acto terá lugar o xoves 22 de setembro ás 18:00 h. no salón de actos da ONCE e será conducido pola xornalista Noela Bao.

Aínda que o protagonismo do acto correspóndelle ás persoas premiadas en 2021 e ás que o van recibir este ano, nesta edición, xa sen restricións, contaremos con representación institucional e coas persoas e entidades que participan nos proxectos da APM, entre outros, ONCE, Aspronaga, Grumico, Anhida Coruña, Colexio Calasancias, Tex45, Os Pequerrechos, British Royal School, Voluntariado Galego, Concello da Coruña.

A través destes premios, son xa seis anos promovendo a rede de recoñecemento público ás boas prácticas entre a propia cidadanía, que pon en primeira liña comportamentos e actitudes persoais que se basean en principios de ética e compromiso co desenvolvemento.

Nesta sexta edición, os premios serán para:

    • Sara Alvar Pariente, polo seu activismo social e implicación no programa BoanoiTe, do que é presidena, premiada por Fray Natalio Saúdes.
    • Mónica Fernández Lemos, polo seu activismo social e educativo no coa infancia e a xuventude, premiada por Lorena Nion Lois.
    • Manuel Olveira Paz, polo seu activismo cultural e social desde a súa labor institucional, premiado por Carlota Pérez Fernández.
    • Rafael Lema Mouzo, pola súa intensa labor como escritor, investigador e ecoloxista, premiado por Xosé Manuel Barros, desde a Asociación Mar de Fábula.
    • Irene Negrete Barrote pola súa implicación no voluntariado no programa BoaTarde, premiada por Marina Ocampo Martinez
    • Lorena Boga García, pola súa implicación e activismo polos dereitos humanos, premiada por Leticia Santaballa Santos.

Gala dos Premios Boas Prácticas Cidadás – VI Edición

Onde: Salón de actos da sede da ONCE, Cantón Grande, 3, A Coruña.

Cando: Xoves, 22 de Setembro, a partir das 17:45

Programa

    • 17:45 h. Recepción e firma no libro de honra da APM
    • 18:00 h. Entrega de Premios
    • Foto de familia
    • Clausura

 

Comparte!

Deixa a tua réplica

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar etiquetas e atributos HTML

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>