Estrea: Esperar Avanzando
En 2021 os Premios ás Boas Prácticas cumprían 5 anos. Unha historia que comezou dun xeito un tanto casual no 2017, coa colaboración da Deputación da Coruña, nun acto de sinxelo recoñecemento amadriñado por esa persoa excepcional que foi a deputada Ánxela Franco.
Para este 5º aniversario tiñamos pensado xa dende principios do ano pasado trazar unha liña narrativa que unira a todas as persoas premiadas e premiantes, pero, unha vez máis, a situación pandémica trocou os plans, pero desta volta so un pouco 🙂
Esperar Avanzando é o que tiña que ser, una peza que traza esta liña na que se unen persoas e entidades moi diversas, e que proporciona unha idea da riqueza social que nos rodea tendo en conta que son estas mesmas persoas as que deciden como continúa a vida dos propios premios.
Nos simplemente agardamos ver como serán os próximos 5 anos de descubrimentos grazas a todas elas, e mentres tanto, deixámosvos aquí en aberto logo da estrea na acto de entrega deste ano 😄