Boas Prácticas 2023: a entrega

APM 3 Outubro 2023

O pasado 21 de setembro entregáronse os VII premios ás Boas Prácticas Cidadás no salón de actos da ONCE. E dicimos “entregáronse” e non “entregamos” porque, como xa se sabe, estes galardóns van de persoas premiadas a premiantes… Case sempre 😉

Por segundo ano, e con moita algarabía e celebración, contamos coa xornalista Noela Bao para conducir o acto, cousa que unha vez serviu para dotalo da solemnidade que este recoñecemento da participación implica. Ou dito doutro xeito, para poñer orde, e deste xeito fixo a introdución ao mesmo:

Nas próximas semanas iremos compartindo o resto de vídeos das entregas, pero nesta hoxe queriamos incluír tamén a pequena homenaxe que tivemos con Ángeles de la Iglesia, persoeira desta cidade, da provincia, e probablemente do mundo mundial, e que faleceu o pasado 25 de xuño.

Querida e activa participante na contorna da APM, tivo papeis protagonistas fronte a cámara en diversas ocasións, pero tamén tras ela como activista do afecto e do respecto.

Son moitos os materiais e as lembranzas que nos deixa dentro da actividade da Asociación, pero fixemos un exercicio de contención e preparamos este pequeno vídeo para despedila como merecía: en pantalla grande 🙂

Mentres seguimos coas publicacións, deixámosvos a galería fotográfica deste ano, na que participou Aarón García Rey por parte de Aspronaga (Manolo Penido este ano non puido por estas cousas da saúde), así como as notas de prensa informativas:

Boas Prácticas Cidadás 2023

Documentos para descarga

Nota prensa en galego

Nota de prensa en español

Red de personas premiadas en estos 7 años

 

Comparte!

Deixa a tua réplica

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar etiquetas e atributos HTML

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>