Sin comillas, bo cine!: “Especiales”

Isabel Iglesias 18 Outubro 2023

E, seguindo co poder da cultura, no noso caso audiovisual, como ferramenta de educación artística e #NoExclusión, para desenfocar os límites ficticios e poder estar #EnLaVidaPública, neste caso, tócalle á película Especiais, dispoñible en RTVE ata: 30-11-2024.

Segúndo conta a sinopse: Bruno e Malik son dous amigos moi diferentes en carácter e crenzas relixiosas que levan 20 anos a cargo de dúas organizacións sen ánimo de lucro. Bruno traballa con nenos autistas e Malik, educa e forma a mozos conflitivos de barrios pobres para que sexan coidadores de casos extremos. Ambos crearon unha asociación excepcional, fóra das contornas tradicionais, para unhas persoas extraordinarias.

Pero é moito máis. É BO CINEMA, con maiúsculas, si, tanto no fondo como na forma. Cunha boa historia que contar (unha historia real cuxos protagonistas seguen en activo), cun bo guión e un excelente desenvolvemento dos personaxes que, sen escudarse no todo vale que moitas veces acompaña ás etiquetadas como temáticas sociais, nin caer en manipulacións sentimentais, sabe usar a gramática cinematográfica para facer arte e cultura.

O certo é que Especiais conta a historia real de Stéphane Benhamou e Daoud Tatou, dous amigos moi diferentes de carácter e crenzas, pero unidos pola actividade sen ánimo de lucro que realizan.

Unha ousadía que lles causa problemas, e de feito a película desenvólvese baixo a ameaza da inspección á que están a ser sometidas ambas as organizacións, e en especial as persoas que están á fronte, por saltarse os protocolos oficiais, a pesar de que son as únicas que atopan solucións e enfoques. Mesmo desde os propios servizos profesionais deféndenas e recoméndanas nos casos nos que as institucións desafiuzan ás persoas e desenténdense, deixando a dura carga nas propias familias.

Sen estudos especializados en psiquiatría ou psicoloxía, levan 20 anos axudando a nenos e mozos autistas cuxas familias non saben como controlalos. Os seus métodos non son científicos, senón intuitivos, pero conseguen solucionar algúns problemas de convivencia que os servizos sociais non foron capaces de xestionar.

O título orixinal da película é Hors normes, que significa “Excepcional” porque define o feito de que as organizacións rompen o protocolo, en ocasións, para axudar aos nenos. Con todo, como di o noso lema na portada desta Web, o excepcional non ten porque ser excepción senón unha forma de acurtar o camiño entre o posible e o probable. Porque…

Nosa convicción é sinxela… Que algo sexa unha excepción non implica que sexa excepcional senon, simplemente, que encerra unha oportunidade

* Lembramos: Está dispoñiible, en aberto, en RTVE hasta: 30-11-2024

* Estupenda reseña en DECINE21

Comparte!

Deixa a tua réplica

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar etiquetas e atributos HTML

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>