Hiperactividade en rodaxe?

APM 28 Maio 2023

Participar nun rodaxe é atractivo. Se che gusta. Porque incluso cos avances tecnolóxicos que facilitan a labor profesional, por moito que se ensaie ou por moi boa planificación que faga quen dirixe, os rodaxes teñen un tempo propio que dura, e dura, e dura…

Encima, nos proxecto da APM, un dos principais obxectivos é que emerxa o mellor de actores e actrices non profesionais que, cunha tremenda ilusión e xenerosidade, creen na potencia da cultura como mecanismo de evolución e transformación social.

O TDAH xa entrara nas nosas experiencias en 2018 co capítulo II da Sitcom: E voto porque me toca, e desde aquela mantemos unha relación continuada. Pero claro, eran tres, adultos, en medio de moitos máis participantes e coa inestimable implicación de Juan Ramos. Agora, con TrasTornados, con que esperamos ter apoio da Deputación da Coruña , pasamos a unha inmersión de aprendizaxe mutuo total. A ver que pasa.

Tamén somos conscientes de que, estando AnhidaCoruña no proxecto, as participantes xa teñen avanzado e superado moitos retos, incluído o do confinamento, cando que foron quen de superar innovando mecanismos de seguimento.

O que levamos feito este ano, de novo a través do audiovisual, está saíndo moi ben. Igual é porque a educación e implicación supera esa inatención ou hiperactividade que, por outra banda, parece estarse instalando na maioría da sociedade, que parece sucumbir ao individualismo e o “mal comportamento”.

Ser parte activa e non menos receptores, é sempre un bo incentivo. Incluso en espacios mínimos.

Comparte!

Deixa a tua réplica

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar etiquetas e atributos HTML

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>