Investigar para entender e para documentar

APM 26 Xuño 2023

O proxecto TrasTornados, estanos obrigando, máis que outros, a entender para aprender. De todos os aspectos investigados, resultounos de especial interese o ámbito da educación, xa que a formación ten un peso moi importante para o coñecemento, re-coñecemento e sensibilización respecto ao TDAH.

De feito, destacounos como moi positiva a relación que desde hai anos mantén Juan Ramos, de Anhida Coruña, con Alicia Tojeiro, do colexio Parga Pondal de Oeiros.

Desde a actitude do profesorado, Juan nos destacou tres perfís:

    1. Proactiva: “No sei como facelo. Necesito ferramentas”
    2. Posibilisata: “Non me atende pero se quere esforzar”
    3. Queimada: En realidade se auto cuestionan pero en alto din “Son maleducados”

O certo é que este ámbito merece un traballo específico aparte xa que representa a sensibilización a futuro e os mecanismos son recomendables para todo o alumnado. Este aspecto da investigación enganchóunos, e seguro que se prolonga durante máis alá do proxecto e do  TDAH. É dicir, non só o trastorno en si mesmo senón as circunstancias e consecuencias na familia, no colexio, na sociabilidade e amizades, no futuro laboral…

A fase de investigación e documentación agrupouse en tres eixos:

    1. As conversacións coas persoas do contesto de AnhidaCoruña: profesionais, persoas asociadas e familias.
    2. Publicacións. Especialmente o libro “Camino de la lnclusión”, escrito por dúas nais (unha é a propia Pilar) e completado con todo o proceso administrativo e legal en paralelo, que puidemos ler antes da súa presentación oficial.
    3. Visionados intensivos sobre o TDAH: Horas e horas de escoita e anotacións aprendendo con José Ramón Gamo, neuropsicólogo que tamén ten TDAH e dixlexia, co que descubrimos que en realidade falaba da urxente necesidade dunha escola diferente… para todo o alumnado

O primeiro encontro con José Ramón Gamo foi a través da charla que impartiu no programa Aprendemos Juntos do BBVA (algo bo tamén fan as entidades financeiras), e a partir dese fío, empezamos a entender onde estaba o realmente importante para poder facernos as preguntas precisas, porque as charlas e talleres están enfocadas a familias e profesorado.

Así, expresións como “xestionando fillos”, re-educación ou “mentalidade de crecemento”, quedaron no noso fondo de armario, persoal e profesional, e o proxecto empezou a fluír con ritmo propio. De momento non temos noticias da convocatoria da Deputación da Coruña, pero este ten luz propia para chegar a bo porto.

E, aínda que sexa a posteriori, procuraremos compartir as notas do proceso.  Porque documentar non é facer un informe final senón mergullarse no proceso para saber que temos aprendido e como podemos mostralo.

“Cando os procesos que queremos facer visibles son colectivos, documentar é un acto de escoita, porque implica darnos tempo para, entre todos, elixir cales son os aspectos que mellor representan o traballo en común”

E o faremos, como non, da mellor forma que sabemos, coa cultura como ferramenta e a potencia do audiovisual. Porque “Non somos exemplo de nada, pero ilustramos algo”.

Comparte!

Deixa a tua réplica

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Podes usar etiquetas e atributos HTML

<a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <s> <strike> <strong>